Revista literaria

Grial.

Unha revista literaria é unha publicación periódica e específica do ámbito literario (narrativa, poesía, crítica literaria e outros). Serve como plataforma para a publicación de textos que talvez nun segundo termo poidan ser publicados nun volume de seu. Estas revistas son así mesmo unha das principais vías de difusión para crítica literaria. Nos séculos XIX e XX representaron un modo de busca e experimentación para modalidades artísticas como o debuxo ou, máis claramente, a literatura. As diversas revistas de corte surrealista desempeñaron, por exemplo, un papel fundamental nas artes europeas e americanas na década de 1920. Aínda hoxe, é habitual que estas revistas garden un espazo importante á experimentación.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search